#WEAREINPARADISE
0
  • No products in the cart.

  • 0
  • No products in the cart.

    • "WIWI é un proxecto de moda ética e sustentable que nace do noso compromiso co medio ambiente e do noso soño por crear pezas bonitas e duradeiras que respecten a natureza e as persoas."
      John

    Colección Paradise

    Deseñada e confeccionada en Galicia.

    A primeira colección de WIWI xorde dunha desas viaxes de contrastes. De terras celtas a terras guanches a súa deseñadora, Isabel Pastor, atopa na beleza das illas Canarias a inspiración para crear unhas pezas de roupa onde as cores nos lembran o océano, os corais e as froitas tropicais.

    Esta vibración de cores e luz africana combínase á perfección con formas e cortes femininos que realzan a cintura e lembran os anos 40 estadounidenses. Son pezas únicas, sofisticadas e refrescantes feitas cun dos mellores liños do mundo, o liño francés. A riqueza vexetal continental e a beleza e inspiración insular crean nesta colección unha combinación perfecta que nos convida, esteamos onde esteamos, a sentir o trópico na nosa pel.

    WIWI 2018. Todos los derechos reservados