#WEAREINPARADISE
0
  • O teu cesto está baleiro

  • 0
  • O teu cesto está baleiro

  • Coidado das pezas

    LONGA VIDA Á TÚA ROUPA!

    Lavado
    As pezas pódense lavar en lavadora a 40º ou a 60º como máximo. Para un mellor lavado podes encher a lavadora a media carga e meter unha pelota de tenis para minimizar as dobreces á hora do repasado.

    Nós aconsellamos que se laven mellor a man para que duren moito máis tempo. É importante, se o fas así, non retorcer a peza para evitar que rompan as fibras.

    Utiliza un deterxente natural ou suave. Para as manchas podes, antes de lavalo, fregar a zona afectada con xabón de Marsella.

    Secado

    O liño é unha fibra longa á que lle encanta a auga e seca rapidamente.
    Estira a peza antes de tendela.
    Un secado rápido na secadora ou a pleno sol pode danar a peza.
    Seca a peza en horizontal, en interior e á sombra.
    En ningún caso retorzas a peza.

    Repasado
    Utiliza un ferro húmido ou con vapor.
    Pasa o ferro á peza sempre do revés para evitar o desgaste da cor.

    Share via:

    WIWI 2018. Todos los derechos reservados