#WEAREINPARADISE
0
  • No products in the cart.

  • 0
  • No products in the cart.

  • Envíos e devolucions

    Canto custan os gastos de envío?

    –  Pedidos para toda España: 7,00 €
    –  Pedidos para Europa: 15,00 €
    –  Pedidos para o resto do mundo: 25,00 €

    Como enviades a miña compra?

    –  Envíos nacionais: axencia de paquetería
    –  Envíos internacionais: correo postal certificado

    Canto tardarei en recibir o meu pedido?
    En wiwi traballamos por encargo. O tempo de envío dende que merques o produto ata que o recibas é de 15 días laborábeis dentro de España e 20 días laborábeis para o resto dos países.

    Quero cambiar o talle, podo?
    Dende logo, podes cambiar as túas pezas por outras de diferente talle. Os gastos de envío correrían da conta da persoa que merque o produto.

    Devolvedes os cartos?
    Wiwi acepta devolucións do mesmo importe nun prazo de 5 días laborábeis a partir da recepción da mercadoría. Para devolver un pedido tes que escribir a info@wiwi.lifenestes 5 días laborábeis. A devolución do diñeiro faise da mesma forma na que se realizou o pago (tarxeta, PayPal ou transferencia). Os gastos de envío corren da conta do/a comprador/a.

     

    O teu dereito de retractación está suxeito aos seguintes condicionantes:

    –  Os produtos deben de devolverse incólumes; non poden estar usados, nin danados.
    –  Os produtos deben de levar a etiqueta identificadora e debe estar suxeita ao artigo.
    –  Os produtos devolveranse na súa embalaxe orixinal.
    –  Os produtos dun mesmo pedido débense devolver nun mesmo envío, non aceptamos en ningún caso recibir devolucións dun mesmo pedido por separado.

    A túa devolución debe cumprir tódalas condicións para que sexa aceptada.

    No caso de que a túa devolución non cumpra estas condicións e non sexa aceptada, wiwi poñeríase en contacto contigo para ofrecerche a opción de que recuperes os artigos que non foron aceptados.

    Todos os gastos que xere esta devolución, incluído o transporte destes artigos, taxas ou impostos de aduanas correrán da túa conta. Se non aceptas esta opción wiwi pode quedar cos artigos e co importe dos mesmos.

    No momento en que wiwi verifique que todas as condicións arriba citadas son cumpridas, mandarémosche un email para informar da aceptación da devolución.

    A partir desa data temos 30 días laborábeis para retornar o importe da túa compra. Non se devolverán en ningún caso os gastos de envío.

    Share via:

    WIWI 2018. Todos los derechos reservados