#WEAREINPARADISE
0
  • No products in the cart.

  • 0
  • No products in the cart.

  • Os nosos valores

    Slow Fashion: En WIWI queremos crear roupa atemporal e coleccións que teñan unha identidade propia e unha coherencia artística, afastándonos así das tendencias fugaces que impón a moda. Traballamos por encargo. Deste xeito podemos lanzar WIWI ao mundo e fabricar só aquelas prendas que sexan necesarias. Evitamos así producir e consumir máis materia prima da que necesitamos.

     

    Coidamos da terra e das persoas que a traballan. Usamos tecidos sustentables. Todas as nosas pezas están realizadas con tecidos 100 % naturais cultivados de maneira respectuosa co medio ambiente. As tinguiduras utilizadas son de baixo impacto ambiental, sen substancias nocivas e aptos para peles sensibles.

     

    Producimos localmente e creamos traballo digno: Para nós é moi importante a ética laboral en todo o proceso de fabricación do produto. Tódalas fases de produción, dende o deseño, os prototipos e os patróns ata a confección das pezas de roupa lévanse a cabo en España. Xeramos así postos de traballo con soldos dignos e apoiamos aos profesionais do sector téxtil do noso país.

     

    Utilizamos tecidos de proximidade: Tentamos que o noso impacto ambiental e a nosa pegada ecolóxica sexa a mínima posible, por iso comezamos o noso proxecto lanzando unha colección con teas exclusivamente europeas, con liño francés e cánabo de Romanía. Os demais complementos que non podemos asegurar como sustentables ou ecolóxicos, como son as cremalleiras e os botóns, adquirímolos en comercios locais.

     

    Somos Residuo Cero: Deseñamos os nosos patróns de xeito que xeramos o mínimo sobrante de tea posible. Cos retallos que obtemos confeccionamos os accesorios da colección (cintos e lazos). Os anacos máis pequenos utilizámolos para o forro dos botóns. O sobrante de tea final, ao ser o liño e o cánabo fibras de orixe vexetal, compostámolo ou doámolo a empresas sociais que o destinan a reciclaxe téxtil para confeccionaren novas pezas.

     

    Coidamos dos bosques: Utilizamos papel reciclado e cartón procedentes de bosques ben xestionados, segundo os estándares do Forest Stewardship Council. (Certificado FSC).

     

    Xeramos unha comunicación ética: Queremos que as nosas palabras, imaxes e formas de comunicar fomenten valores como a equidade, o respecto e a responsabilidade.

    Cremos no poder da educación: Sabemos o importante que é a educación para xerar un cambio social, por iso realizamos charlas e conferencias, e utilizamos as nosas plataformas de difusión para informar sobre o impacto positivo que ten, para as persoas e para o planeta, apostarmos pola moda sustentable.

    Share via:

    WIWI 2018. Todos los derechos reservados