#WEAREINPARADISE
0
  • No products in the cart.

  • 0
  • No products in the cart.

  • Política de Privacidade

    É seguro mercar a través desta tenda online?

    A nosa tenda usa o sistema seguro de Paypal, que cifra todos os datos confidenciais do proceso de compra procedente do teu computador mediante o protocolo SSL, cuxo cifrado é da máis sofisticada protección.

    A miña información persoal mantense privada?

    Toda a información persoal que se utiliza para o envío e pago, así como o teu enderezo de correo electrónico é estritamente confidencial e non llo proporcionaremos a terceiros baixo ningún concepto.

    Propiedade intelectual e contidos

    Estas condicións xerais regulan o acceso e utilización do sitio web www.wiwi.life que pon gratuitamente a disposición dos usuarios da internet co fin de proporcionar información sobre os seus produtos, servizos e prezos. O acceso ao mesmo supón a súa aceptación sen reservas. Autorízase a visualización, impresión e descarga parcial do contido da web só e exclusivamente se se realiza co exclusivo ánimo de obter a información contida para uso persoal e privado. Prohíbese expresamente a súa utilización con fins comerciais ou para a súa distribución, transformación ou comunicación pública.

    A totalidade desta páxina web (textos, fotografías, logotipos, botóns, arquivos, combinacións de cores, estrutura e presentación dos seus contidos) atópase protexida polas leis españolas e internacionais sobre propiedade Intelectual e Industrial. Queda expresamente prohibida a reprodución total ou parcial desta páxina web e de calquera dos seus contidos sen o permiso expreso e por escrito de WIWI ETHICAL WEAR.

    www.wiwi.life resérvase o dereito para modificar a oferta comercial do sitio web en calquera momento e de manter o seu contido actualizado sen obrigarse a aseverar unha actualización plena.

    Share via:

    WIWI 2018. Todos los derechos reservados