#WEAREINPARADISE
0
  • No products in the cart.

  • 0
  • No products in the cart.

  • Quen somos

    WIWI formámolo un equipo de persoas creativas namoradas da natureza e dos tecidos naturais.

    Wiwi é un proxecto de moda ética e sustentable que nace do noso compromiso co medio ambiente e co consumo responsable. Para nós, wiwi é un pequeno paraíso dende onde poder soñar, crear e transformar o mundo nun lugar mellor. Gústanos pensar que coidando o planeta e cultivando de maneira sustentable, a natureza bríndanos toda a súa abundancia e a súa beleza.

    Cos nosos deseños e modos de fabricación aspiramos a xerar un impacto social positivo e ofrecer ás persoas a posibilidade de vestir dun modo ético, sustentable e tamén estético. Procuramos os mellores tecidos europeos para crear pezas exclusivas, únicas e duradeiras que respecten a natureza e ás persoas. Como equipo, traballamos para que sustentabilidade e deseño podan estar ao alcance de todas as persoas.

    EQUIPO:

    Isabel Pastor: Fundadora e deseñadora de WIWI Ethical Wear.

    Laura y Ana: Gran defensoras da ecoloxía e de modos de vida sustentables. As nosas costureiras e patronistas.

    Nicoleta Sefu: Costureira. A persoa que deu as primeiras puntadas. Gracias a ela puidemos facer os prototipos da primeira colección “Paradise”.

    Paco Pastor, @pakpaxtor: Amante da natureza e artista polifacético. O noso experto en comunicación, vídeo, fotografía e deseño web.

    Francisco Pastor: Mentor e xestor económico.

    Ana Alonso, @anialonsoc: Artista plástica e deseñadora gráfica. Estilista da colección Paradise.

    Catalina Rodriguez, @catalamitad: Acuarelista e artista plástica.

    Patricia Alonso: Maquilladora.

    Piérre Künstner, Jenifer Horlent, Laura Capannesi, Marion Künstner e Sabela Rubio Caamaño: Traducións.

    Marizol @tli_jun, Julia @enchantedjulia, Sara @sarascobo e Ebbaba @ebbaba_h : As mulleres que coa súa imaxe dan vida á colección Paradise.

    Share via:

    WIWI 2018. Todos los derechos reservados